Nokia Asha 303 - Accións da pantalla táctil

background image

Accións da pantalla táctil
Para interactuar coa interface de usuario da pantalla táctil, toque ou manteña tocada

a pantalla táctil.

Abrir unha aplicación ou outro elemento da pantalla
Toque a aplicación ou o elemento.

Acceder a opcións específicas de elementos
Manteña tocado o elemento. Abrirase un menú emerxente con opcións dispoñibles.

Desprazarse nunha lista ou menú
Sitúe o dedo na pantalla, despráceo rapidamente arriba ou abaixo por esta e logo

levánteo. O contido da pantalla desprazarase coa velocidade e na dirección que tiña

no momento de soltar o dedo. Para seleccionar un elemento dunha lista en

desprazamento e deter o movemento, toque o elemento.

Pasar o dedo
Coloque un dedo na pantalla e despráceo firmemente na dirección desexada.

Uso básico

13

background image

Por exemplo, cando estea visualizando unha imaxe, para ver a seguinte imaxe, pase

o dedo cara á esquerda. Para navegar rapidamente a través das imaxes, pase o dedo

pola pantalla con rapidez e logo desprácese á dereita ou á esquerda polas miniaturas.