Nokia Asha 303 - Navegar pola Internet

background image

Navegar pola Internet
Seleccione

Menú

>

Internet

.

Consello: Se non dispón dun plan de datos de tarifa plana do seu fornecedor do

servizo, para aforrar custos de transferencia de datos na súa factura de teléfono,

pode utilizar unha WLAN para conectarse á Internet.

Ver o seu historial de navegación, os sitios destacados ou os seus favoritos
Para alternar entre as pestanas Historial, Destacado e Favoritos, pase o dedo cara a

esquerda ou a dereita.

Ir a un sitio web
Seleccione a barra de enderezo e introduza o enderezo.

Moverse por unha páxina web
Arrastre a páxina co seu dedo.

32

Rede

background image

Ampliar
Seleccione a sección desexada da páxina web.

Reducir
Toque dúas veces a pantalla.

Buscar na internet
Seleccione o campo de busca e introduza unha palabra para buscar. Se se lle solicita,

seleccione o seu motor de busca predeterminado.

Volver a unha páxina web visitada previamente
Abra a pestana Historial e seleccione a páxina web.

Consello: Pode descargar aplicacións web en Bazar de Nokia. Cando abre unha

aplicación web por primeira, engadirase como un favorito. Para obter máis

información, diríxase á páxina www.nokia.com.