
Verbo de Mapas
Seleccione
Menú
>
Mapas
.
Mapas amósalle o que está preto de vostede e axúdalle a planificar a súa ruta, todo
de forma gratuíta. Pode:
•
Ver a súa situación actual
•
Planear unha ruta ata un lugar próximo
•
Buscar un lugar ou un enderezo específico e gardalo
•
Enviar a súa situación ou un lugar a un amigo nunha mensaxe de texto
O teléfono pode ter unha tarxeta de memoria con mapas precargados do seu país.
Insira a tarxeta de memoria no teléfono antes de utilizar Mapas.
O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes
cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.
Ás veces, os contidos dos mapas dixitais poden ser inexactos e estar incompletos.
Nunca dependa unicamente do contido ou do servizo para efectuar comunicacións
importantes, como urxencias médicas.