Descarga de mapas
Se navega ata unha zona do mapa que non está gardada na tarxeta de memoria e ten
unha conexión de datos activa á Internet, descargarase automaticamente un mapa
da zona.
O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes
cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.
36
Nokia Mapas
Consello: Garde os mapas de rúas novos no teléfono antes dunha viaxe, para que
poida exploralos sen unha conexión á Internet cando viaxe. Utilice a aplicación Nokia
Suite para PC para descargar os mapas máis recentes e cópieos ao seu teléfono. Para
descargar e instalar Nokia Suite, diríxase á páxina www.nokia.com/support.