
Inserir unha tarxeta de memoria
Utilice unicamente tarxetas de memoria compatibles autorizadas por Nokia para
utilizarse co dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na
tarxeta e no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
O teléfono admite tarxetas de memoria cunha capacidade de ata 32 GB.
1 Apague o teléfono e retire a tapa traseira e a batería.
2 Para retirar o soporte da tarxeta de memoria, deslice o soporte na dirección
indicada pola frecha no soporte. Levante o soporte da tarxeta de memoria (1).
3 Asegúrese de que a zona dos contactos da tarxeta de memoria estea orientada
cara a abaixo e insira a tarxeta (2).
4 Baixe o soporte da tarxeta de memoria (3).
5 Para bloquear o soporte da tarxeta de memoria, deslíceo á súa posición orixinal
(4).
Extracción da tarxeta de memoria
1 Apague o teléfono.
2 Extraia a tapa posterior e a batería.
3 Para retirar o soporte da tarxeta de memoria, deslice o soporte na dirección
indicada pola frecha no soporte. Abra o soporte da tarxeta de memoria e retire a
tarxeta de memoria.
Introdución
9