
Inserir a tarxeta SIM e a batería
Nota: Apague o dispositivo e desconecte o cargador e os demais dispositivos
antes de extraer as tapas. Evite tocar os compoñentes electrónicos cando cambie as
tapas. Garde e utilice sempre o dispositivo coas tapas instaladas.
Importante: O dispositivo está deseñado para utilizarse unicamente cunha tarxeta
SIM estándar (consulte a ilustración). O uso de tarxetas SIM non compatibles pode
producir danos na tarxeta ou no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Póñase en contacto co seu operador de telefonía móbil para obter información acerca
do uso dunha tarxeta SIM que dispoña dun interruptor mini-UICC.
Este teléfono está destinado a empregarse con baterías BP-3L. Utilice sempre
baterías orixinais de Nokia.
6
Introdución

A tarxeta SIM e os seus contactos poden danarse facilmente se se raia ou dobra, polo
tanto, tea coidado ao manipular, inserir ou retirar a tarxeta.
1 Apague o teléfono.
2 Tire da lingüeta de apertura da tapa traseira cara a parte inferior do teléfono e
retire a tapa.
3 Retire a batería, se está inserida.
4 Levante a tapa do soporte da tarxeta SIM, asegúrese de que a área de contacto
da tarxeta SIM estea orientada cara a abaixo e coloque a tarxeta no soporte.
Introdución
7

5 Baixe a tapa do soporte da tarxeta SIM.
6 Aliñe os contactos da batería e introduza a batería.
7 Dirixa os peches de seguridade da parte superior cara as súas rañuras e prema a
tapa cara abaixo ata que encaixe no seu lugar.
8
Introdución

Extraia a tarxeta SIM
1 Apague o teléfono.
2 Quite a tapa posterior.
3 Retire a batería, se está inserida.
4 Levante a tapa do soporte da tarxeta SIM e retírea.