Nokia Asha 303 - Escribir co teclado

background image

Escribir co teclado
O seu teléfono ten un teclado alfabético completo.

Introdución

5

background image

1

Tecla de función. Para inserir os carácteres especiais impresos na parte

superior das teclas, manteña pulsada a tecla de función e, a continuación, pulse

a tecla correspondente. Para inserir varios carácteres especiais seguidos, prema

dúas veces a tecla de función. Para regresar ao modo normal, prema a tecla de

función.

2

Tecla maiús. Para cambiar entre maiúsculas e minúsculas, prema dúas veces

a tecla maiús. Para inserir unha soa letra en maiúscula cando está en modo

minúsculas, ou unha letra minúscula cando está en modo maiúsculas, prema a

tecla maiús. e, a continuación, prema a tecla alfabética que desexe.

3

Tecla de símbolos. Para inserir carácteres especiais que non se amosan no

teclado, prema a tecla de símbolos e seleccione o carácter que desexe.

4

Tecla de retroceso. Para borrar un carácter, prema a tecla de retroceso. Para

borrar varios carácteres, manteña premida a tecla de retroceso.

5

Tecla intro. Para mover o cursor á fila ou campo de entrada de texto seguinte,

prema a tecla intro. As funcións adicionais están baseadas no contexto no que se

atope. Por exemplo, no campo do enderezo web do navegador web, a tecla intro

actúa como a icona Ir a.

6

Tecla Ctrl

Inserción de variantes dunha letra
Pode inserir, por exemplo, letras con acentos. Para inserir á, manteña premida a tecla

de símbolos e, a continuación, prema A repetidamente ata que apareza a letra

desexada. A orde e dispoñibilidade das letras depende do idioma de escritura

seleccionado.