
Enviar unha imaxe ou outros contidos a outro dispositivo mediante Bluetooth
Utilice o Bluetooth para enviar imaxes, vídeos, tarxetas de visita e outros contidos
creados por vostede ao seu ordenador ou ao teléfono ou dispositivo compatible dun
amigo.
1 Manteña seleccionado o elemento que desexa enviar e, no menú emerxente,
seleccione
Enviar
>
Por Bluetooth
.
2 Seleccione o dispositivo ao que desexa conectarse. Se non se amosa o dispositivo
desexado, para buscalo, seleccione
Opcións
>
Nova busca
. Amosaranse os
dispositivos Bluetooth que se atopan dentro do seu alcance.
3 Se o outro dispositivo precisa un código, insírao. O código, que pode definir
vostede, debe inserirse nos dous dispositivos. O código nalgúns dispositivos é
fixo. Para obter máis información, consulte a guía do usuario do dispositivo.
O código é válido só para a conexión actual.
As opcións dispoñibles poden variar.
Conectividade
25