Verbo das chamadas da Internet
Pode realizar e recibir chamadas a través da Internet (servizo de rede). As chamadas
de Internet admiten chamadas entre ordenadores, entre teléfonos móbiles e entre
un dispositivo VoIP (Voice over Internet Protocol, Voz sobre protocolo de Internet) e
un teléfono tradicional.
Algúns fornecedores de servizos de chamadas da Internet permiten chamadas da
Internet gratuítas. Para obter máis información sobre a dispoñibilidade e os custos
de conectividade, contacte con seu fornecedor de servizos de chamadas da Internet.
É posible que a utilización de VoIP ou outros servizos estea restrinxida nalgúns países.
Se desexa obter máis información, póñase en contacto co punto de venda do seu
teléfono, o provedor do servizo ou as autoridades locais.
Para facer ou recibir unha chamada de Internet, cómpre atoparse na zona de servizo
dunha rede WLAN ou 3G e estar conectado a un servizo de chamadas de Internet.
Cando use a rede 3G para facer chamadas de Internet, comprobe que o seu provedor
do servizo admite chamadas de Internet na rede 3G. Recoméndase ter contratada
unha tarifa plana de datos para aforrar custos.
16
Chamadas
Consello: Se non ten contratada unha tarifa plana de datos co seu provedor do
servizo, utilice unha WLAN para facer chamadas de Internet e así aforrar custos na
factura do teléfono.