Nokia Asha 303 - Actualizar software do teléfono mediante o teléfono

background image

Actualizar software do teléfono mediante o teléfono
Desexa mellorar o rendemento do seu teléfono e obter actualizacións de aplicacións

e interesantes novas funcións? Actualice o software periodicamente para obter o

máximo rendemento do seu teléfono. Tamén pode axustar o seu teléfono para que

comprobe se hai actualizacións automaticamente.

Aviso:

Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o dispositivo, nin

sequera para efectuar chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e

reiniciar o dispositivo.

Axuda

39

background image

O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes

cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.

Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o

cargador antes de iniciar a actualización.

Seleccione

Menú

>

Axustes

.

1 Seleccione

Dispositivo

>

Actualiz. dispositivo

.

2 Para amosar a versión actual do software e comprobar se existe unha

actualización dispoñible, seleccione

Detalles soft. actual

.

3 Para descargar e instalar unha actualización de software, seleccione

Descargar

softw. disp.

. Siga as instrucións da pantalla.

4 Se se cancela a actualización despois da descarga, seleccione

Inst. actual.

software

.

A actualización de software pode levar varios minutos. Se existen problemas coa

instalación, contacte co seu fornecedor de servizos de rede.

Comprobar actualizacións de software automaticamente
Seleccione

Actual. auto. software

e defina a frecuencia coa que desexa que se

comprobe se hai actualizacións de software novas.

É posible que o fornecedor de servizos de rede envíe actualizacións de software do

teléfono directamente mediante conexión polo aire ao teléfono. Para obter máis

información verbo deste servizo de rede, contacte co seu fornecedor de servizos de

rede.

40

Axuda