
Asistencia técnica
Se desexa obter máis información acerca do uso do produto ou non está seguro de
como debe funcionar o teléfono, lea a guía do usuario minuciosamente.
É posible que tamén lle interese a canle de vídeo de asistencia de Nokia de YouTube.
Se así non se resolve o seu problema, tente unha das seguintes opcións:
•
Reinicie o seu teléfono. Apague o teléfono e extraia a batería. Agarde un minuto
aproximadamente, volva colocar a batería e acenda o teléfono.
•
Actualice o software do teléfono
•
Restaurar os axustes orixinais de fábrica
Se tampouco así se soluciona o problema, contacte con Nokia para informarse sobre
as opcións de reparación. Visite www.nokia.com/repair. Antes de enviar o seu
teléfono a reparar, faga sempre unha copia de seguridade dos seus datos, porque se
pode borrar toda a información persoal do teléfono.